Nota legal

Titular do web

www.cnmv.es é un dominio na Internet de titularidade da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CIF Q-2891005-G), c/ Edison, 4, Madrid. Tel. 915851500.

Exención de responsabilidade por contidos e servizos

A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase o dereito de eliminar ou suspender a súa difusión, total ou parcialmente, e de modificar a estrutura e o contido deste sitio web sen aviso previo, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á devandita información. O propósito da Comisión Nacional do Mercado de Valores é manter a calidade e actualización desta información, e evitar e minimizar posibles erros causados por fallos técnicos. Non obstante, non garante que este servizo non sexa interrompido ou afectado por estes fallos.

A CNMV non é responsable da veracidade da información de carácter público incorporada aos seus rexistros oficiais que fose entregada por terceiros para dar cumprimento a unha obriga legal. A incorporación desta información aos rexistros oficiais da CNMV só implica o recoñecemento de que contén toda a información requirida polas normas que fixen o seu contido.

Como consecuencia do anterior, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non responderá dos danos ou prexuízos causados por decisións tomadas baseándose na información difundida por este medio, nin de posibles inexactitudes, omisións ou erros contidos nel, nin dos problemas que se orixinen polo uso deste sitio web ou doutro de conexión externa, nin dos danos e/ou prexuízos no software ou no hardware da persoa usuaria que se deriven do acceso a este sitio web, ou da descarga de programas ou ficheiros difundidos nel. Tampouco garante nin se responsabiliza de que calquera información dispoñible neste sitio web reproduza exactamente os documentos publicados en papel, nin responderá das ligazóns e referencias a outros sitios web nin da información difundida por terceiras persoas nas que apareza citado como fonte.

As persoas usuarias de calquera páxina do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, ao acceder a ela, aceptan esta cláusula e están de acordo no seu contido.

Propiedade intelectual dos contidos do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores

Para todas as páxinas deste sitio web Copyright © Comisión Nacional do Mercado de Valores, Madrid, España.

Os textos, fotos e elementos gráficos que constitúen o sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores e que se difunden a través del, así como a súa forma de presentación, son titularidade exclusiva da Comisión Nacional do Mercado de Valores, que conta con todos os seus dereitos de explotación, directamente ou a través de acordos con terceiros. Con carácter xeral, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non concede licenza de uso ou autorización industrial ou intelectual, ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co seu sitio web, salvo acordo expreso por escrito con terceiros, e resérvase o dereito de modificar ou limitar en calquera momento as condicións de uso da información que se publica no seu sitio web e que se describen a seguir:

As persoas usuarias do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderán facer libre uso privado da información obtida directamente del, incluso a realización de copias en memoria local (RAM) ou noutros dispositivos de almacenamento temporal. Nos demais casos de utilización da información para usos que non sexan meras consultas de uso privado, esta utilización autorízase só se se respectan e cumpren as condicións seguintes:

  • A distribución ou reprodución da información que se difunde no sitio web da Comisión Nacional do Mercado do Valores debe realizarse fielmente, sen manipular nin alterar os contidos.
  • Cando a información se incorpore a documentos ou a outros medios que vaian ser vendidos ou cedidos de maneira non gratuíta, a persoa física ou xurídica que a publique ou difunda baixo calquera soporte, deberá informar os compradores e/ou cesionarios que a información pode ser obtida libre de cargo a través do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, tanto antes de que paguen calquera subscrición ou prezo como cada vez que poñan á súa disposición a información tomada do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores.
  • A información obtida do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderase utilizar para realizar cálculos que difunda a persoa usuaria (por exemplo, mediante periódicos axustes dos datos estatísticos, cálculos de taxas de evolución).
  • Cando existan vínculos desde calquera sitio web ao da Comisión Nacional do Mercado de Valores ou calquera das súas páxinas internas, as correspondentes páxinas deberán aparecer nunha ventá independente e ser o único elemento na pantalla (por exemplo, non deben aparecer dentro do marco doutro sitio web).

As persoas usuarias comprométense a utilizar este sitio web e os seus servizos respectando as condicións expostas; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase todas as accións legais que poidan corresponderlle para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.

Rexistro electrónico

O servizo de presentación telemática a través do rexistro electrónico deste web cumpre coa normativa vixente e, xa que logo, os documentos presentados por este medio teñen a mesma validez xurídica que se fosen presentados por calquera outro dos especificados na Lei 30/1992, de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Protección de datos de carácter persoal

Este web cumpre coa normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal, concretamente a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal e demais lexislación aplicable.

Cookies

O web da CNMV utiliza cookies (ficheiros que se gardan no dispositivo de quen accede a determinadas páxinas web, co obxecto de almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa desde o equipo), na medida do imprescindible, para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

As cookies utilizadas no web da CNMV, todas propias, teñen unha vixencia temporal limitada e utilízanse para personalizar a experiencia de navegación así como identificar e recordar ao usuario rexistrado na sección de subscricións a "Feitos relevantes" (sen datos de carácter persoal) e ao que accede á Sede Electrónica.

  • Cookie para axustar o idioma: estas cookies utilízanse para recordar o idioma que o usuario utilizou na súa última visita ao Portal ou á Sede Electrónica da CNMV, de forma que, en sucesivas visitas, se amosen as páxinas nese idioma sen necesidade de interacción por parte do usuario.
  • Cookie de rexistro: co obxecto de manter o usuario identificado durante o proceso de creación e modificación da sección de subscricións a "Feitos relevantes" e ao acceder á Sede Electrónica da CNMV, xérase cada vez que o usuario inicie a sesión. No caso de subscricións a "Feitos relevantes" almacénase a información do correo electrónico introducida e cando se accede á Sede Electrónica da CNMV almacénase a data, hora e o identificador da sesión. Estas funcionalidades pódense suprimir coa opción "Pechar sesión" e, de ser o caso, a próxima vez que o usuario volva entrar, será necesario que se identifique mediante a operación "Iniciar sesión".
  • Cookie de identificación: no trámite "IPP" (Información Financeira Intermedia de Entidades Emisoras de valores admitidas a negociación) da Sede Electrónica da CNMV, almacénase o CIF, o tipo e nome da entidade, o correo de contacto, o usuario e o NIF da persoa asociada ao usuario utilizados ao iniciar a sesión, necesarios para a operativa do trámite.

O usuario pode configurar o navegador para non aceptar o uso de cookies e, de ser o caso, poderá seguir accedendo aos contidos das páxinas web sen aplicarse a personalización da experiencia de navegación. Non obstante, para realizar subscricións a feitos relevantes é necesario que o usuario acepte as condicións do servizo.

Por outro lado, para poder acceder á Sede Electrónica da CNMV será necesario que o uso de cookies no navegador non estea desactivado e, no caso do trámite de Información Financeira Intermedia de Entidades Emisoras de valores admitidos a negociación, o usuario ten que aceptar as condicións de uso de cookies.

Os navegadores adoitan permitirlle ao usuario configurar a aceptación das cookies desexadas. Normalmente, estes axustes atópanse na opción "Preferencias" ou "Opcións" do menú do navegador. Por exemplo:

  • Chrome: Configuración – Mostrar opcións avanzadas – Privacidade – Configuración de Contido (para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a Axuda do navegador)
  • Firefox: Ferramentas – Opcións – Privacidade – Historial – Configuración Personalizada (para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a Axuda do navegador)
  • Internet Explorer: Ferramentas – Opcións de Internet – Privacidade – Configuración (para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft ou a Axuda do navegador)
  • Safari: Preferencias – Seguridade (para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a Axuda do navegador)
  • Opera: Configuración – Privacidade e seguridade (para máis información, pode consultar a Axuda do navegador)

CNMV. Comisión Nacional de Mercado de Valores