Busca

Declaración de accesibilidade

A Comisión Nacional do Mercado de Valores comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real Decreto 1112/2018).

A presente declaración de accesibilidade aplícase a o sitio web: https://www.cnmv.es

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme con con Real decreto 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido no accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
    • Pode haber erros puntuais de edición nalgunha páxina web, como a implantación incorrecta de elementos, a presenza dalgunha ligazón rota, listaxes baleiras ou ligazóns cun texto que non é significativo ou con etiquetas incompletas ou incorrectas.
  • Carga desproporcionada
    • Non se aplica
  • O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Existen arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
    • Contido multimedia de base temporal pregravado publicado antes da entrada en vigor deste real decreto.
    • Contenidos multimedia en directo.

Preparación da presente declaración d accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 19 de setembro de 2020.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 19 de setembro de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

Estas comunicacións poden realizarse a través de dúas vías:

Solicitudes de información accesible e queixas

Tamén pode solicitar que se lle proporcionen nun formato accesible aqueles contidos publicados nestes sitios web que estean excluídos da obriga de seren accesibles e formular queixas relativas aos requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.b do Real decreto 1112/2018) a través da seguinte ligazón:

Formulario de queixas

O Departamento de Estratexia e Innovación recibirá e tratará as comunicacións, as solicitudes e as queixas sobre a accesibilidade destes sitios web.

Procedemento de aplicación

Pode iniciar unha reclamación contra a resposta a unha solicitude de información accesible ou unha queixa relacionada coa accesibilidade destes sitios web (artigo 13 do real decreto 1112/2018) cando:

  • a súa solicitude ou queixa fose desestimada.
  • non estea de acordo coa decisión adoptada.
  • a resposta non cumpra os requisitos incluídos no artigo 12.5 do Real decreto 1112/2018.
  • transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta da CNMV.

A persoa interesada poderá iniciar a reclamación para coñecer e oporse aos motivos da desestimación, para instar á adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada ou para expor as razóns polas que considera que a resposta non cumpre os requisitos esixidos.

De conformidade coa normativa vixente, na actualidade pódense formular solicitudes, queixas ou reclamacións en relación cos sitios web da CNMV. O procedemento de reclamación pódese iniciar a través da seguinte ligazón:

A Dirección Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais resolverá as reclamacións sobre a accesibilidade dixital destes sitios web.

Contido opcional

O sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0, Edge, Opera 32.0, Chrome 46.0 e Mozilla 41.0 ou versións superiores destes. Conta cun deseño adaptable (Responsive), polo que se visualizará de forma óptima en tabletas e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Pode acceder a novas funcionalidades de accesibilidade que permiten a mellor visualización dos contidos de acordo coas necesidades dos usuarios.