Informe anual de remuneracións dos conselleiros das compañías do IBEX 35
O informe presenta, en termos agregados, as principais características das políticas e prácticas retributivas aplicadas aos seus conselleiros polas sociedades que compoñen o IBEX 35, obtidas da información incluída no Informe anual sobre remuneracións do consello (en adiante, IARC) que publican estas sociedades. No informe analízase a evolución dos importes destinados á remuneración dos conselleiros; descríbense algunhas das características máis comúns á hora de definir as políticas de remuneración, así como os criterios que seguen as sociedades para determinar as súas contías e a asignación a cada tipoloxía de conselleiro. Inclúe unha breve análise sobre o grao de seguimento do modelo unificado IARC e complétase cun anexo que inclúe os datos individuais das compañías do IBEX.