Nota legal
Titular do web
www.cnmv.es é un dominio na Internet de titularidade da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CIF Q-2891005-G), c/ Edison, 4, Madrid. Tel. 915851500.
Exención de responsabilidade por contidos e servizos
A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase o dereito de eliminar ou suspender a súa difusión, total ou parcialmente, e de modificar a estrutura e o contido deste sitio web sen aviso previo, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á devandita información. O propósito da Comisión Nacional do Mercado de Valores é manter a calidade e actualización desta información, e evitar e minimizar posibles erros causados por fallos técnicos. Non obstante, non garante que este servizo non sexa interrompido ou afectado por estes fallos.
A CNMV non é responsable da veracidade da información de carácter público incorporada aos seus rexistros oficiais que fose entregada por terceiros para dar cumprimento a unha obriga legal. A incorporación desta información aos rexistros oficiais da CNMV só implica o recoñecemento de que contén toda a información requirida polas normas que fixen o seu contido.
Como consecuencia do anterior, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non responderá dos danos ou prexuízos causados por decisións tomadas baseándose na información difundida por este medio, nin de posibles inexactitudes, omisións ou erros contidos nel, nin dos problemas que se orixinen polo uso deste sitio web ou doutro de conexión externa, nin dos danos e/ou prexuízos no software ou no hardware da persoa usuaria que se deriven do acceso a este sitio web, ou da descarga de programas ou ficheiros difundidos nel. Tampouco garante nin se responsabiliza de que calquera información dispoñible neste sitio web reproduza exactamente os documentos publicados en papel, nin responderá das ligazóns e referencias a outros sitios web nin da información difundida por terceiras persoas nas que apareza citado como fonte.
As persoas usuarias de calquera páxina do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, ao acceder a ela, aceptan esta cláusula e están de acordo no seu contido.
Propiedade intelectual dos contidos do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores
Para todas as páxinas deste sitio web Copyright © Comisión Nacional do Mercado de Valores, Madrid, España.
Os textos, fotos e elementos gráficos que constitúen o sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores e que se difunden a través del, así como a súa forma de presentación, son titularidade exclusiva da Comisión Nacional do Mercado de Valores, que conta con todos os seus dereitos de explotación, directamente ou a través de acordos con terceiros. Con carácter xeral, a Comisión Nacional do Mercado de Valores non concede licenza de uso ou autorización industrial ou intelectual, ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co seu sitio web, salvo acordo expreso por escrito con terceiros, e resérvase o dereito de modificar ou limitar en calquera momento as condicións de uso da información que se publica no seu sitio web e que se describen a seguir:
As persoas usuarias do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderán facer libre uso privado da información obtida directamente del, incluso a realización de copias en memoria local (RAM) ou noutros dispositivos de almacenamento temporal. Nos demais casos de utilización da información para usos que non sexan meras consultas de uso privado, esta utilización autorízase só se se respectan e cumpren as condicións seguintes:
- A distribución ou reprodución da información que se difunde no sitio web da Comisión Nacional do Mercado do Valores debe realizarse fielmente, sen manipular nin alterar os contidos.
- Cando a información se incorpore a documentos ou a outros medios que vaian ser vendidos ou cedidos de maneira non gratuíta, a persoa física ou xurídica que a publique ou difunda baixo calquera soporte, deberá informar os compradores e/ou cesionarios que a información pode ser obtida libre de cargo a través do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores, tanto antes de que paguen calquera subscrición ou prezo como cada vez que poñan á súa disposición a información tomada do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores.
- A información obtida do sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderase utilizar para realizar cálculos que difunda a persoa usuaria (por exemplo, mediante periódicos axustes dos datos estatísticos, cálculos de taxas de evolución).
- Cando existan vínculos desde calquera sitio web ao da Comisión Nacional do Mercado de Valores ou calquera das súas páxinas internas, as correspondentes páxinas deberán aparecer nunha ventá independente e ser o único elemento na pantalla (por exemplo, non deben aparecer dentro do marco doutro sitio web).
As persoas usuarias comprométense a utilizar este sitio web e os seus servizos respectando as condicións expostas; a Comisión Nacional do Mercado de Valores resérvase todas as accións legais que poidan corresponderlle para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.
Sede electrónica / Rexistro electrónico
O servizo de tramitación electrónica, a través da sede electrónica / rexistro electrónico https://sede.cnmv.gob.es/, con conexión dende este web, cumpre coa normativa vixente e, xa que logo, os documentos presentados por este medio teñen a mesma validez xurídica que se se presentasen por calquera outro dos especificados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na demais lexislación e normativa concordante.
Cookies
Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo e coa finalidade de facilitar o seu uso, o web da Comisión Nacional do Mercado de Valores emprega cookies (ficheiros que se gardan no dispositivo de quen accede a determinadas páxinas web co obxecto de almacenar e recuperar información sobre a navegación que se efectúa dende ese equipo) cunha finalidade técnica e na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.
As cookies utilizadas na web da CNMV, todas propias, teñen unha vixencia temporal limitada e utilízanse para personalizar a navegación, ademais de para identificar e recordar o usuario rexistrado na sección de subscricións a Comunicacións públicas de entidades (sen datos de carácter persoal) e ó que accede á Sede Electrónica.
- Cookies para axustar o idioma: estas cookies utilízanse para recordar o idioma que o usuario empregou na súa última visita ao portal ou á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, de forma que as páxinas se amosen nese idioma en sucesivas visitas, sen necesidade de interacción por parte do usuario.
- Cookies de rexistro: coa finalidade de manter o usuario identificado durante o proceso de creación e modificación da sección de subscricións a «Feitos relevantes» e ao acceder á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, xéranse cada vez que o usuaro inicie sesión. No caso de subscricións a «Feitos relevantes», almacénase a información do correo electrónico introducida, e cando se accede á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores almacénase a data, a hora e o identificador da sesión. Estas funcionalidades pódense suprimir coa opción «Pechar sesión»; desta forma, a próxima vez que o usuario volva entrar, será necesario que se identifique mediante a operación de «Iniciar sesión».
- Cookies de identificación: no trámite «IPP» (información financeira intermedia de entidades emisoras de valores admitidas a negociación) da sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, almacénase o CIF, o tipo e o nome da entidade, o correo de contacto, o usuario e o NIF da persoa asociada ao usuario empregado ao iniciar sesión, necesarios para a operativa deste trámite.
Por outra banda, para poder acceder á sede electrónica da Comisión Nacional do Mercado de Valores, será necesario que o uso de cookies no navegador non estea desactivado e, no caso do trámite de información financeira intermedia de entidades emisoras de valores admitidos a negociación, o usuario ten que aceptar as condicións de uso de cookies.
Os navegadores adoitan permitir que o usuario configure a aceptación das cookies desexadas. Polo xeral, estes axustes atópanse na opción «Preferencias» ou «Opcións» do menú do navegador. Por exemplo:
- Chrome: Configuración – Mostrar opcións avanzadas – Privacidade – Configuración de contido (para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a axuda do navegador)
- Firefox: Ferramentas – Opcións – Privacidade – Historial - Configuración personalizada (para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a axuda do navegador)
- Internet Explorer: Ferramentas – Opcións de Internet – Privacidade – Configuración (para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft ou a axuda do navegador)
- Safari: Preferencias – Seguridade (para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a axuda do navegador)
- Opera: Configuración - Privacidade e seguridade (para máis información, pode consultar a axuda do navegador)
- Edge: Configuración – Ver configuración avanzada - Cookies