En cumprimento da normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal e, máis en concreto, do Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento (UE) 2016/679 do  Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE), a seguir infórmase sobre a política de protección de datos de carácter persoal da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Recoméndase aos titulares dos datos persoais que se van tratar, na súa condición de interesadas, que lean esta información con atención en cada ocasión que accedan a este sitio web para coñecer todos os aspectos relacionados co tratamento dos datos persoais que poderán facilitar a través do sitio web www.cnmv.es, así como a través de calquera outro medio ou formulario disposto para iso.

Esta política de protección de datos posta en coñecemento do interesado supón o cumprimento por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores da súa obriga de informar o interesado, de acordo co principio de transparencia, verbo das circunstancias e condicións do tratamento que efectúa a Comisión Nacional do Mercado de Valores sobre os datos de carácter persoal que o interesado facilita a través dos formularios dispostos no sitio web, os propios da súa navegación a través do sitio web, e calquera outro dato que poida facilitar a través doutro medio ou soporte, así como dos dereitos que asisten ao interesado.

Responsable do tratamento dos datos persoais

O responsable do tratamento dos datos facilitados é a Comisión Nacional do Mercado de Valores, CIF Q-2891005-G, rúa Edison, n.º 4, 28006 Madrid, e teléfono 915851500.

Ademais, o interesado pode, se o desexa, dirixirse ao delegado de protección de datos da Comisión Nacional do Mercado de Valores a través do correo electrónico dpd@cnmv.es ou mediante escrito dirixido ao delegado de protección de datos no domicilio da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Finalidade do tratamento dos datos persoais

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a Comisión Nacional do Mercado de Valores para cumprir coas obrigas legalmente establecidas que lle incumben, así como á tramitación e xestión de solicitudes, reclamacións, queixas, consultas, procesos de selección de persoal, subscricións a programas de educación, a noticias, publicacións, convocatorias, normativas, relacións con provedores, informes estatísticos respecto dos hábitos de acceso e actividade desenvolvida polos interesados no sitio web da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

Lexitimación

O tratamento dos datos de carácter persoal de interesados realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a esta, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que se deberá prestar mediante unha clara acción afirmativa.

Confidencialidade

Os datos de carácter persoal que se puidesen obter directamente do interesado trataranse de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Ao efecto, adoptaranse as medidas organizativas e de índole técnica necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

Obrigatoriedade de facilitar os datos

Agás se se dispón o contrario nos formularios do sitio web ao que accede o interesado, os datos solicitados nestes formularios son os estritamente necesarios, e é obrigatorio cubrilos para cumprir coas finalidades establecidas nestes formularios. Por conseguinte, a negativa a cubrilos ou facelo de forma incorrecta implica que non se poderán atender as finalidades perseguidas polos devanditos formularios e solicitados polo interesado.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral, non se comunicarán os datos persoais a terceiros, agás se existe unha obriga legal, entre as que poden estar as comunicacións a autoridades administrativas ou xudiciais, ao Ministerio Fiscal, á Autoridade Europea de Valores e Mercados (ESMA), a outros reguladores e supervisores, ás comisións parlamentarias de investigación e ao Fondo de Garantía de Investidores.

Os datos persoais só se poderán pór en coñecemento de empresas que prestan servizos á Comisión Nacional do Mercado de Valores en virtude dos contratos de encarga subscritos para o mantemento e o correcto funcionamento dos servizos e actividades da Comisión Nacional do Mercado de Valores.

En caso de que os destinatarios indicados neste apartado poidan atoparse situados fóra do Espazo Económico Europeo, as transferencias internacionais de datos estarán debidamente lexitimadas.

Dereitos dos interesados

O interesado, de acordo coa normativa de protección de datos e cos requisitos, efectos e límites fixados nela, poderá exercer os seguintes dereitos ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores:

  • Non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.
  • Oporse ao tratamento dos seus datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
  • Solicitar a portabilidade dos seus datos, na forma e nos termos contemplados na normativa de protección de datos.
  • Solicitar a limitación dos seus datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
  • Solicitar que os seus datos se supriman cando a súa obtención e tratamento se basee no consentimento do interesado. A Comisión Nacional do Mercado de Valores, de acordo co disposto na normativa de protección de datos, non poderá dar curso ás solicitudes de supresión de datos cando estes se obtivesen e se tratasen en cumprimento dunha obriga legal ou dunha misión realizada en interese público, ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
  • Rectificar aqueles datos que considere inexactos ou incompletos.
  • Acceder aos seus datos persoais.
  • Obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que se levan a cabo.
  • Retirar o consentimento previamente outorgado. Cando o tratamento dos datos do interesado por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores estea baseado no consentimento prestado, o interesado poderá retirar o seu consentimento en calquera momento sen que isto poida afectar á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade. Os consentimentos obtidos para as finalidades mencionadas son independentes, polo que o interesado poderá revogar só un deles sen que afecte os demais.

Para exercer estes dereitos, o interesado debe remitir á Comisión Nacional do Mercado de Valores un escrito firmado por el e anexar o seu DNI ou calquera outro documento que acredite a súa identidade, a través da dirección de correo electrónico derechospd@cnmv.es.

No caso de que o interesado considere que a Comisión Nacional do Mercado de Valores vulnerou os seus dereitos de protección dos seus datos persoais, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Sen prexuízo do anterior, o interesado tamén poderá, con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, dirixirse ao delegado de protección de datos da Comisión Nacional do Mercado de Valores a través do correo electrónico dpd@cnmv.es ou mediante escrito dirixido ao delegado de protección de datos no domicilio da Comisión Nacional do Mercado de Valores.